Pensemos en dar unha volta por Madrid. Subimos nun tren de proximidades, trasladámonos en taxi, tomamos café nun bar, entramos nunha óptica e compramos nunha libraría. A curiosidade é que todo este periplo o percorremos cun can. Nada máis nin nada menos que o que presta a súa imaxe á web srperro.com, onde nos sinalan os moitos lugares que podemos visitar acompañados da nosa mascota.
Por exemplo nunha tenda de marca como Mango:
Esta é a aclaración oficial sobre a política con respecto ás mascotas que nos remiten dende o departamento de Relacións Públicas de MANGO:
En MANGO pódese entrar con can pero MANGO resérvase o dereito de admisión no caso de que o comportamento da mascota non sexa o adecuado xa sexa por razóns de hixiene ou por motivos de seguridade.
É dicir, podemos dicir que son timidamente dog friendly. Algo é algo.
Sería fabuloso que en España se empezase a confiar en que os cans urbanos, os SrsPerros, están cada vez mellor educados e que, polo tanto, saben comportarse nas tendas e nos establecementos públicos en xeral.
Para iso, efectivamente, os donos de can temos a responsabilidade de dedicar o tempo e o esforzo -e o diñeiro, se acudimos a un profesional- para que os nosos canes estean ben educados.
Sobre todo permiten cans en tendas de inditex:Zara,Mango...
Os primeiros cans preparados en Galicia para colaborar no rescate de persoas no mar. Só existe un hándicap, as Administracións públicas non dan permiso a estes cans para permanecer nas praias. Aínda que estean para salvar vidas.
O primeiro que nos chama a atención é que a lexislación actual de costas do país non permite a permanencia de cans na praia, co cal estamos a descartar unha axuda moi importante para os socorristas e, por suposto, unha asistencia a todos os bañistas, os cales se ven privados deste servizo que podería salvarlles a vida. Esta lei permite unicamente o acceso de cans guía das persoas invidentes. Non sucede así noutros países como Italia, Francia e Arxentina. Pero a pesar de todas estas restricións, o grupo o Mare Nostrum loita día a día para que se lle facilite un lugar para poder adestrar e estar preparados para cando a lei lles permita traballar nas praias.
O socorrismo acuático canino, a pesar do que a xente poida pensar non consiste en ter cans autónomos capaz de realizar o rescate dunha persoa en risco de afogamento. O can unicamente é unha axuda, sempre debe de ir acompañado dun socorrista, que á vez é o guía canino. Nos rescates, o socorrista ten que valorar en todo momento a situación e decidir como se debe actuar.
O equipo dun socorrista acuático canino consiste nun traxe de neopreno, luvas e escarpíns para protección e unha lata de rescate (flotador).
No caso de actuar dende unha embarcación, debe levar un casco. O can de rescate tamén debe levar o seu equipo correspondente, que principalmente é un arnés de seguridade, que lle garante a flotabilidade ademais de ir provisto de varias argolas e mosquetóns, aos cales se poden enganchar tanto os socorristas, coma as vítimas e tamén poden ser utilizados para ser elevados dende un helicóptero de rescate.
Outro elemento de seguridade do arnés é unha especie de "airbag" situado á altura do colo que, en caso de accidente ou cansazo, o guía pode accionar para manter a cabeza do can fóra da auga. O arnés tamén vai provisto dunha liña de vida que, en caso de ser necesario, o socorrista pode tirar dela para recuperar o can. Outro elemento importante son as partes reflectantes e mesmo algunha luz que permite a localización do can en condicións de mala visibilidade.
-¿Qué está haciendo internet con nuestras mentes?-
Superficiales.
CAPÍTULO un: ``Hal y yo´´ Abarca as páxinas:(17-30)
A idea principal de Carr é que nos achamos nun momento de transición na que o vello proceso lineal de pensamento é substituído por outra mente que discrimina información en estalidos curtos, descoordinados ou solapados.
Carr arranca cunha escena de Odisea 2001 na que o astronauta desactiva a computadora asasina e avariada HAL mentres o ordenador lle suplica que se deteña. A máquina, a medida que os seus circuítos de memoria se apagan, nota que algo está a cambiar e ten medo.
O autor di que dende que apareceu Internet algo cambiou porque non pensa oomo antes, xa que a súa concentración se disipa e ler un artigo longo lle supón un esforzo. Outros adquiren destrezas como ler a supervelocidade en varias fontes online e tora os post de máis de catro parágrafos para buscar información. Deben procesar e clasificar centos de textos instantáneos que lles chegan de feed,RSS, twitter, facebook e outros, ademais das continuas consultas ao email.
Ler un libro é anticuado.
Nas seguintes parágrafos, Carr conta como nos anos 80 se comprou un ordenador ata que nos 90 xurdiu Internet e no 2005 a Web 2.0 e as redes sociais. No 2007, xa se decatou de que as súas rutinas cambiaran e dependía dos servizos da Rede. Tiña "mono" de mirar o correo ou googlear. Internet convertérao nunha especie de máquina de procesamento de datos de alta velocidade, un HAL humano.
CAPÍTULO dous:``Los caminos vitales´´.Digresión sbre qué piensa el cerebro cuando piensa acerca de si mismo. Abarca as páxinas:(30-56)
Friedrich Nietzsche compártenos que hai algunhas épocas, existía unha máquina de escribir, na que podías escribir ata 600 carácteres por minuto, dicíase que era a máquina de escribir máis rápida.
O noso cerebro está formado por moitas células diferentes, existen case cen mil millóns de neuronas, as cales son á vez iguais e diferentes a diferenza das demais células que existen en todo o noso corpo. Os impulsos recibímolos mediante os axóns e dendritas, é dicir, cando as neuronas se activan libéranse substancias químicas as cales se chaman neurotransmisores. As células do noso cerebro vanse desenvolvendo e van crecendo conforme imos crecendo. Pódese dicir que a computadora entra na metáfora de que é maquínaa pensante. Científicos empezaron a falar dos circuítos ou cableados que son comparados cos dunha computadora.
Cando as nosas células nerviosas da pel reciben algún estimulo físico, envíase un impulso eléctrico ás nosas neuronas e entón tradúcese nunha sensación consciente. Así é como funciona unha computador, ti lle mandas un estímulo e ela mediante os seus cables reacciona e así é como funciona o traballo desta gran ferramenta. É por isto que foi tan relacionada coa función dun cerebro humano. As nosas neuronas nunca rompen con antigas conexións e establece novas. O noso cerebro cambia constantemente, adaptándose a cambios, como tamén o fai un computadora, non sempre fai o mesmo, senón que se adapta ao que nós desexemos.
CAPÍTULO tres:``Las herramientas de la mente´´ Abarca as páxinas:(56-78)
Comenta a evolución dun neno que pinta a súa casa ata o adulto que pinta un mapa para que sirva para a identificación e medición de terreos. A medida que progresou a cartografía, tamén cambio a visión do mundo. O mesmo aconteceu coa medición do tempo, cada vez máis precisa, e que á súa vez trasladou o traballo no campo ás fábricas [nota do lector: ler a Toffler e a súa idea do canon en "A terceira onda"]
As tecnoloxías aumentan nosas forza e destrezas (arado), amplían os nosos sentidos (contador Géiser, microscopio), serven para remodelar a natureza (encoro) e amplían a nosa capacidade intelectual (reloxo e mapa, así como xornal e Internet). Detrás diso, algúns viron un determinismo tecnolóxico (a invención do muíño de auga creou sociedades feudais) fronte aos que din que son artefactos neutrais (instrumentalismo). Carr considérase determinista (o progreso ten a súa propia lóxica que non é sempre coherente cos desexos da xente).
Nos seguintes parágrafos describe a influencia do reloxo ou a escritura (e a famosa discusión de Sócrates porque escribir libros arruinaría a memoria dos mozos que antes recitaban oralmente ospoemeas e a réplica de Platón, que xa era escritor). Mentres o mundo oral se caracterizaba por unha profundidade emocional eintiutiva, a escrita e a alfabetización abriron a mente e fixeron o pensamento máis profundo.
CAPÍTULO catro:``La página profundizada´´.Digresión sobre Lee de Forest y su increíble audición. Abarca as páxinas:(78-104)
Nos nosos antepasados cando as persoas empezaban a escribir, facíano en instrumentos adquiridos pola natureza, facíano con plantas ou co sangue de insectos. Utilizouse a taboíña de cera para poder gardar un texto longo, estaban encadernadas foron moito tempo unha forma na que se utilizou nos nosos antepasados. Os libros eran máis doados de lerse e de manexarse, era o simple feito de follear páxinas ata encontrar o desexado. Antes as palabras non se separaban, escribíanse todas xuntas, o cal era bastante complicado entender con facilidade. A linguaxe escrita rompeu coa tradición do fala, a xente comezou a necesitar ler dun xeito práctico e rápido. A escritura chegou a dirixirse á vista e ao oído.
O cerebro descifra o texto e tamén ten a habilidade de recoñecer por medio das neuronas de ao ver imaxes na escritura, as letras e as palabras. Dise que cando estamos a ler un libro, é difícil poder ter o 100% da nosa concentración niso, xa que no noso cerebro hai entradas por medio dos sentidos que desvían a atención das nosas mentes no que estamos a ler. O cerebro adéstrase para que se resista a enfocar a súa atención noutro sinal sensorial que non sexa na que ten que estar. Aínda que é complicado, é probable que chegando a un grao alto de concentración poidamos facer unha tarefa de forma axeitada. Tamén depende moito da argumentación dos libros, xa que estes deben de ser claros e complexos para que o espectador puidese captar a idea doadamente.
Mentres a xente tiña mais acceso aos libros mais era o seu desexo por aprender e cultivarse, isto á súa vez provoco que a xente pedía mais libros. Así comezaron tamén a facerse coñecido varios escritores, e fixéronse moi famosos, o cal foi dándolle gran prestixio á lectura como tal. A escritura e a lectura converteuse nun gran medio de expresión dos autores, o cal provocaba a familiarización do espectador para co libro, xa que estas palabras entraban na mente do lector e así inspirábano a novas ideas e a diferentes formas de pensar.
CAPÍTULO cinco:``Un medio de la naturaleza más general.´´ Abarca as páxinas:(104-125)
As computadoras son máquinas universais, que realizan tarefas que procesan información. Esta ferramenta foi convertida en todos os elementos que mencionamos ao longo da lectura, como: máquina de escribir, imprenta, mapa, reloxo, calculadora, teléfono, oficina, biblioteca, raio e televisión, como o mencione no primeiro capítulo. No caso dunha fotografía, en vez de utilizar unha cámara escura, podes ver en instantes unha foto tomada por ti, plasmada na computadora. Co tempo nas computadoras, deixaron de ser branco e negro, convertéronse a cor, e comezaron a haber animacións. Estas ferramentas son moi útiles, xa que podemos facer moitas cousas á vez, é dicir, ao mesmo tempo de que estamos a mandar unha mensaxe, podemos recibilo á vez, podemos estar a ler un articulo e á vez estar a oír música e baixando un arquivo.
En Internet existe un medio, que na actualidade é un dos máis importantes e move ao mundo, como os son as redes sociais: iso de poder falar con xente doutros países yal mesmo tempo, é unha gran creación. Sobre todo para os mozos que son os que máis pasan tempo online e lles interesa máis ter novas relacións e saber dos seus seres queridos.
Este uso excesivo das redes provocou que a xente diminúa o tempo no que len en impresos como xornais e revistas e sobre todo libros. Os impresos son os menos utilizados hoxe en dia, antes está a televisión, o raio e o internet. É moi rara que a xente reflexione ante estes sucesos, xa que o único que lles interesa é facerse a vida máis doada, e isto bríndao Internet. É moi raro coñecer hoxe en día unha persoa que non teña correo electrónico ou que estea inscrito nunha rede social. Hai moita xente que aforra para comprar unha computadora e ter acceso a todo isto. Os outros medios non foron substituídos pola web, soamente que diminuíu o seu uso e van perdendo a súa forza económica e cultural, estas guían o comportamento das persoas, o futuro encóntrase en arquivos dixitais.
.jpg)
Tosca ten só 10 días e a súa nai abandonoulle. Tosca só sobrevivirá grazas aos seus coidadores que o alimentan con biberóns. En liberdade, Tosca non tería podido sobrevivir.
A pequena tigresa Tosca foi rexeitada pola súa nai ao nacer. Se tivese estado en liberdade, Tosca non tería sobrevivido. Non obstante, grazas aos seus coidadores conseguirá saír adiante.
Os tigres non son animais especialmente cariñosos, pero Ruda deixa que os seus coidadores o alimenten con biberóns.
Pouco a pouco a pequena trigresa vai crecendo. Tanto é así, que chega o momento de trasladalo a outra vivenda un pouco máis ampla e apta para ela. Cando Tosca se adapte ao seu novo hábitat e creza un pouco máis, unirase á manda onde terá que lograr ser aceptado por eles.
Descrición: Os manatís antillanos son mamíferos mariños de gran talle e de cor gris, con corpos que estreitan nunha superficie plana, cunha cola en forma de culler. Teñen dous brazos, chamadas aletas, con tres ou catro uñas en cada aleta. As súas cabezas e as súas caras son engurradas con bigotes no fociño.
Os parentes máis próximos dos manatís son o elefante e o damán(un pequeno mamífero do tamaño dunha tuza). Cre que os manatís evolucionaron a partir dun animal herbívoro semi-acuático. O manatí antillano está relacionado co manatí de África Occidental, o manatí do Amazonas, o dugongo e a vaca mariña de Steller, que foi cazada ata a súa extinción en 1768. Un manatí adulto media mide ao redor de 3 metros de longo e peso 550 quilos aproximadamente.
Hábitat e Distribución: Os manatís encóntranse en augas chairas, ríos lentos, esteiros, baías de auga salgada, canles e zonas costeiras - en particular onde as pradarías de herbas mariñas ou as vexetacións de auga doce proliferan. Os manatís son unha especie migratoria. Nos Estados Unidos, concéntranse en Florida no inverno. Nos meses de verán, pódense encontrar cara ao oeste ata Texas e cara ao norte ata Massachusetts, non obstante os avistamentos en Alabama, Xeorxia e Carolina del Sur en verán son máis comúns. O manatí antillano tamén se pode encontrar nas costas e ríos de América Central e ao longo da costa norte de América do Sur, aínda que a súa distribución nestas áreas é discontinuada.
O manatí antillano pódese encontrar nos seguintes países: México, Belize, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela, Trindade, Güiana, Surinam, Güiana Francesa, Brasil, Puerto Rico, República Dominicana, Xamaica, Cuba e na Bahamas.
Comportamento:: Os manatís son animais apracibles e lentos. A maior parte do seu tempo dedícanse a comer, descansar e viaxar. Os manatís son maiormente herbívoros, non obstante, en ocasións poden inxerir pequenos peixes e invertebrados xunto coa vexetación, a cal é a dieta normal dun manatí. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas emerxentes, mergulladas e flotantes e poden consumir o 10-15%-15 do seu peso corporal, a diario, en vexetación.

Yolanda Martín presentounos a Frodo, un pingüín Papúa que sufriu un lamentable accidente ao nacer. Caeu o niño aos dous meses de idade e dislocouse a patita cara a un lado. Coas dificultades que tiña para moverse, non podía relacionarse cos demais pingüíns, así que os coidadores pediron que alguén os axudase a elaborar unha zapatilla especial para Frodo.
Una clínica de podología se hizo cargo y confeccionaron un zapato con una plantilla especial para este pingüino. Ahora sí, Frodo camina orgulloso, ajeno a las dificultades de sus cuidadores para lograr su "zapato mágico". Ahora Frodo ya puede llevar una vida normal, como cualquier otro pingüino.
Pas y Deva acaban de llegar al Parque de Cabárceno, en Cantabria. Han atravesado el gran océano desde su país de origen, Uruguay.
Jon e Cristina son os que educarán a Pas e Deva, dúas femias de león mariño que proceden de Uruguai. Están un pouco asustadas pero pouco a pouco van a preparalas para que estean seguros cos humanos e sexa capaces de aprender os trucos para o seu espectáculo.
Teñen que darlle vitaminas e ferro dentro do peixe cru que comen porque ao non comer peixes vivos, teñen menos propiedades e valor nutricional.
O maior problema co que contan é que se asustan cos aplausos da xente que vai velas así que a primeira misión dos seus educadores será ensinalos a non ter medo. Cando o público aplaude, do medo, queren meterse na auga o máis rápido posible.
Están a aprender moi rápido así que moi pronto serán unhas das estrelas mais importantes de Cabárceno.