miércoles, 27 de noviembre de 2013

Un bo compañeiro de compras.

Pensemos en dar unha volta por Madrid. Subimos nun tren de proximidades, trasladámonos en taxi, tomamos café nun bar, entramos nunha óptica e compramos nunha libraría. A curiosidade é que todo este periplo o percorremos cun can. Nada máis nin nada menos que o que presta a súa imaxe á web srperro.com, onde nos sinalan os moitos lugares que podemos visitar acompañados da nosa mascota.


Por exemplo nunha tenda de marca como Mango:

Esta é a aclaración oficial sobre a política con respecto ás mascotas que nos remiten dende o departamento de Relacións Públicas de MANGO:

En MANGO pódese entrar con can pero MANGO resérvase o dereito de admisión no caso de que o comportamento da mascota non sexa o adecuado xa sexa por razóns de hixiene ou por motivos de seguridade.

É dicir, podemos dicir que son timidamente dog friendly. Algo é algo.

Sería fabuloso que en España se empezase a confiar en que os cans urbanos, os SrsPerros, están cada vez mellor educados e que, polo tanto, saben comportarse nas tendas e nos establecementos públicos en xeral.

Para iso, efectivamente, os donos de can temos a responsabilidade de dedicar o tempo e o esforzo -e o diñeiro, se acudimos a un profesional- para que os nosos canes estean ben educados.
Sobre todo permiten cans en tendas de inditex:Zara,Mango...






No hay comentarios:

Publicar un comentario