sábado, 23 de noviembre de 2013

Pon un gato na túa vida.

Leire e Albert adoptaron un gato rescatado dun cubo de lixo. Pasaron a entrevista co veterinario e vai encher os papeis do contrato de adopción.
Ao gatiño hai que poñerlle todas as vacinas, cepillarlle o pelo todos os días e xogar con el todos os días un anaco pero a ser posible con xoguetes. Estar ben informados é imprescindible para o benestar do animal e dos seus propietarios.

Para evitar que o gato xogue coas cortinas e os mobles teremos a man un spray con auga. Sería idóneo tamén ter un rascadoiro para que o gato marque o terreo nel e non sobre o sofá.

Adoptar un gato supón o compromiso de darlle unha vida mellor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario