viernes, 9 de mayo de 2014

O tribunal da ONU frena a caza de baleas con fines científicos.

Xapón non caza baleas no Antártico con fins científicos, senón comerciais, e debe absterse de facelo a partir de agora. Nun fallo que senta un precedente para a supervivencia desta especie protexida, o Tribunal Internacional de Xustiza de Nacións Unidas (TIJ) ordenou a Tokyo que revogue os permisos especiais de captura invocados "para analizar a competencia natural das especies, e o ecosistema que habitan, porque non se corresponden coa cifra de pezas arponeadas,". Por 12 votos contra 4, os xuíces decidiron que Xapón "violou as súas obrigas sobre o Artigo VIII da Convención Internacional para a Regulamentación da Caza de Baleas (1946) que subscribiu". Tampouco poderá estender novas licenzas. O fallo é vinculante, pero non inclúe o Pacífico Norte, onde Xapón segue faenando.

O caso derívase da demanda presentada en 2010 por Australia contra Tokyo, por encubrir xuridicamente a caza comercial no Antártico baixo o seu Programa de Investigación de Baleas (JARPAII). En vigor dende 2005, este permitiulle arponear cada ano uns 850 rorcuais aliblancos, e 50 rorcuais comúns e baleas chepudas, respectivamente, segundo as cifras presentadas Na haia, sede doTIJ. "Tendo en conta que (nos últimos nove anos) caeron 3.600 rorcuais aliblancos, os resultados científicos parecen limitados", dixoPeter Tomka, presidente do TIJ. O programa nipón responde a unha cláusula especial incluída no artigo VIII da Convención Internacional, para as capturas científicas, que os xuíces non consideran xustificada.


Greenpeace, unha das organizacións ecoloxistas máis implicadas na protección das baleas, admitiu que seguirán morrendo noutras augas. "Pero o fallo é de obrigado cumprimento baixo o dereito internacional e Xapón xa dixo que o acepta. É hora de que unha industria daniña para os nosos océanos sexa arrumbada como algo do pasado", afirman os seus voceiros. Pola súa banda, a Sociedade Mundial para a Protección dos Animais engade que "estes deben ser protexidos e a súa explotación non será tolerada; este é a mensaxe do fallo para todos os Gobernos".


No hay comentarios:

Publicar un comentario